O BNG PIDE REGULARIZAR OS CONTRATOS DE PRESTACIÓNS DE SERVIZOS

O BNG PIDE REGULARIZAR OS CONTRATOS DE PRESTACIÓNS DE SERVIZOS

O BNG de Ordes defendeu unha iniciativa para regularizar a situación de varios contratos de prestacións de servizos que se seguen realizando apesares de ter o contrato vencido, o cal leva a unha prórroga tácita dos mesmos non permitida pola Lei de Contratos do Sector Público.

Segundo apuntan desde o BNG, os servizos afectados son os de asesoramento laboral, reclamación de danos, limpeza da casa da cultura, limpeza do edificio da casa consistorial, limpeza de edificios municipais, mantemento de colexios e pavillóns, mantemento de campos de fútbol e servizo de grúa.

Os nacionalistas instaron a elaborar un estudo de cales servizos poderían ser municipalizados e no resto de casos, iniciar un procedemento aberto de contratación (concurso público).

Finalmente a moción quedou rexeitada co voto en contra do PP e a abstención de UxO.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG PIDE REGULARIZAR OS CONTRATOS DE PRESTACIÓNS DE SERVIZOS

O BNG PROPÓN CONXELAR A SUBA DO IBI PARA O 2017

O BNG PROPÓN CONXELAR A SUBA DO IBI PARA O 2017

Este imposto municipal xa foi reducido para o 2016 grazas a unha proposta do BNG, pasando o tipo impositivo do 0,60% ao 0,56%, o que supón un aforro para o conxunto da veciñanza de Ordes de case 150.000 €. Agora propoñemos establecelo no 0,54% para o 2017, o que suporá a conxelación da suba establecida na contribución para ese ano.

No pleno de marzo xa propuxemos unha medida para conxelar a suba da contribución durante toda a lexislatura, mais quedou rexeitada cos votos e contra do PP e a abstención de UxO.

Nesta ocasión propoñemos a conxelación da suba da contribución para o 2017, polo que agardamos que a corporación teña a ben darlle un respiro aos petos da veciñanza.

Recordamos que a revisión dos valores catastrais efectuada na pasada lexislatura, provocou a suba do IBI de xeito gradual ata o ano 2023, polo que o único xeito de paliala é mediante a redución do tipo impositivo.

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG PROPÓN CONXELAR A SUBA DO IBI PARA O 2017

No acceso á antiga escola da Lanza de Vilamaior, existe no medio e medio un poste do tendido eléctrico que carece totalmente de lóxica e sentido común.

No acceso á antiga escola da Lanza de Vilamaior, existe no medio e medio un poste do tendido eléctrico que carece totalmente de lóxica e sentido común.

No pleno de setembro solicitamos que se iniciasen contactos e trámites coa distribuidora eléctrica e as persoas propietarias dos terreos que lindan coa estrada, para sacar o poste e o contedor de lixo do cruce.

14681633_1602870290014994_3102103609205965163_n

14520327_1602870190015004_6658805954838356958_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en No acceso á antiga escola da Lanza de Vilamaior, existe no medio e medio un poste do tendido eléctrico que carece totalmente de lóxica e sentido común.

Reunión d@s voceir@s dos distintos grupos da corporación municipal para modificar as ordenanzas de regulación do tráfico e da ORA.

Estas son as propostas que facemos desde o BNG de Ordes.
14591783_1601453566823333_8340120562460884642_n

14567972_1601453593489997_2276439074901874738_n

14470526_1601453610156662_6583921433136935611_n

14492326_1601453626823327_4719041985490201437_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en

O BNG CRÍTICO COAS OBRAS DO PAVILLÓN CAMPOMAIOR

O BNG CRÍTICO COAS OBRAS DO PAVILLÓN CAMPOMAIOR

No último pleno volvemos a reclamar un sistema de ventilación para a zona do ximnasio, dado que de non instalarse provocará que se reproduzan problemas de condensación como os que existiron no ximnasio da piscina climatizada.

Tamén instamos a que se solucionen os problemas co pavimento instalado na pista do pavillón dado que impiden a práctica da patinaxe e a que se tomen medidas de seguridade na zona das gradas, pola perigosidade do escalón existente e os piares do pavillón.

Por último manifestamos que foi un erro non aproveitar para revestir con illamento o pavillón antes de poñer o revestimento de chapa metálica, dado que agora era o momento idoneo de facelo cun custo mínimo.

14470648_1600733480228675_2216017660911837913_n

14484603_1600733456895344_6570434095582704557_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG CRÍTICO COAS OBRAS DO PAVILLÓN CAMPOMAIOR

O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO EUROPEO A DENUNCIA DO VERTEDOIRO DE LESTA

O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO EUROPEO A DENUNCIA DO VERTEDOIRO DE LESTA

Onte o BNG de Ordes celebrou un encontro coa “Asociación de Afectados do vertedoiro de Lesta” á que acudiu a Portavoz do BNG en Europa Ana Miranda e o profesor universitario experto en residuos e membro de ADEGA Manolo Soto.

A representante europea do BNG acordou coa veciñanza, despois de visitar os terreos onde pretenden facer o proxecto, de presentar unha denuncia en Bruxelas que se suma á denuncia presentada no Parlamento Europeo no 2015 por vulneración por parte do Goberno Galego da directiva de residuos europea por SOGAMA.

O profesor universitario alertou das consecuencias que ten para a saúde dun vertedoiro deste tipo, asi como do impacto no medio ambiente.

Asimesmo o BNG de Ordes, despois de promover a convocatoria dun pleno extraordinario para debater a cuestión do vertedoiro, comprometeuse a celebrar unhas xornadas nas que se vai proxectar a película “Trashed” de Jeremy Irons que trata sobre as incineradoras e os verquidos de lixo, xunto cun debate de expertos.

14095727_1587278324907524_861453721193621505_n
14051580_1587278074907549_3016865263700214210_n
14102429_1587277804907576_3041714185890271721_n
14102562_1587278374907519_8471109834061086945_n
14102394_1587277734907583_1551837122889469842_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG TRASLADA AO PARLAMENTO EUROPEO A DENUNCIA DO VERTEDOIRO DE LESTA

O BNG DE ORDES SOLICITA A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO

O BNG DE ORDES SOLICITA A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO

Vimos de presentar unha solicitude para a convocatoria dun pleno extraordinario no que se inclúa na orde do día a nosa moción en contra do vertedoiro que Reciclaje ambiental Lesta S.L. intenta implantar na parroquia de Lesta.

Segundo o noso voceiro, Pablo Vidal, “durante o mes de agosto non se convocan plenos ordinarios en Ordes, polo que de non celebrarse un pleno extraordinario habería que agardar ata finais de setembro”. Vidal recorda ademais que “a urxencia está mais que xustificada, xa que se trata dunha actuación que atenta contra os intereses socioeconómicos e medioambientais da veciñanza de Ordes e da comarca”.

Un dos acordos que propoñemos na nosa moción é esixir á Consellería de Medioambiente e Ordenación do Territorio que someta novamente a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada do vertedoiro, xa que segundo Vidal “poden existir defectos de forma na tramitación pola retirada prematura da documentación na páxina web da consellería”.

Outros dos acordos que recolle a nosa moción son a repulsa do pleno do concello de Ordes á instalación de dito vertedoiro, o rexeitamento da centralización do almacenamento e xestión dos residuos de toda Galiza na comarca de Ordes e a modificación do P.X.O.M. de Ordes para establecer na zona un solo rústico de especial protección dos espazos naturais, que dificulte a implantación de novos vertedoiros.

Agardamos que o alcalde atenda a nosa solicitude da celebración deste pleno extraordinario, xa que na nosa opinión “o non facelo, sería unha nova irresponsabilidade do alcalde despois de non ter informado á veciñanza do procedemento”.

14045691_1584206665214690_3172088197809164104_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG DE ORDES SOLICITA A CONVOCATORIA DUN PLENO EXTRAORDINARIO

O BNG DE ORDES CONTRARIO AO NOVO VERTEDOIRO QUE SE QUERE IMPLANTAR EN LESTA

O BNG DE ORDES CONTRARIO AO NOVO VERTEDOIRO QUE SE QUERE IMPLANTAR EN LESTA

O BNG de Ordes manifesta a súa total repulsa ao novo vertedoiro que “Reciclaje ambiental Lesta S.L.” pretende implantar na parroquia de Lesta, nas inmediacións do vertedoiro da Areosa.

Segundo o noso voceiro municipal, Pablo Vidal, “estamos a falar da creación dun novo vertedoiro nunha zona masificada, onde se recollen e almacenan a maioría dos residuos de Galiza”.

O edil nacionalista recorda que “ven de rematar o prazo de exposición pública e alegacións da declaración de impacto ambiental do proxecto, sen que o alcalde nin o concello informase do mesmo á veciñanza”.

Para Vidal “non é de recibo esa pasividade do alcalde na defensa dos intereses da veciñanza, especialmente da parroquia de Lesta” e apela ao espírito crítico da xente, para evitar a implantación de dito vertedoiro recordando que “foi a propia veciñanza de O Irixo quen parou a implantación da Sogama do Sur no seu concello”.

Queremos destacar que imos iniciar unha campaña de recollida de sinaturas en contra da instalación de dito vertedoiro na parroquia de Lesta.

13934642_1580904898878200_8931854722729184915_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG DE ORDES CONTRARIO AO NOVO VERTEDOIRO QUE SE QUERE IMPLANTAR EN LESTA

O BNG DENUNCIA A SITUACIÓN DE ABANDONO DA PONTE DE PEREIRA

O BNG DENUNCIA A SITUACIÓN DE ABANDONO DA PONTE DE PEREIRA

O BNG de Ordes denuncia que o alcalde prometera que en Xullo a ponte de Pereira ía estar amañada e a día de hoxe, despois de mais de medio ano coa estrada completamente cortada, as obras aínda non comezaron.

Os nacionalistas recordan que o concello conta con tódalas autorizacións pertinentes desde o 27 de maio, polo que non entenden que as obras aínda non desen comezo.

Para o voceiro nacionalista, Pablo Vidal, esta situación “é unha tomadura de pelo á veciñanza da parroquia, e só responde a un retraso deliberado de cara a facer coincidir as obras coas vindeiras eleccións autonómicas”.

O edil nacionalista recorda que “setembro está a volta da esquina, e o autobús escolar atoparase novamente coa estrada cortada”.

Para Vidal “na recente visita de Feijoo a Ordes, o alcalde na vez de sentarse con el nun banco, debería levalo ata Pereira na procura de solucións a esta lamentable situación”.

13901485_1579701218998568_3348792789854401153_n

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en O BNG DENUNCIA A SITUACIÓN DE ABANDONO DA PONTE DE PEREIRA

Entrevista ao noso voceiro municipal, Pablo Vidal, en radio obradoiro.

Entrevista ao noso voceiro municipal, Pablo Vidal, en radio obradoiro.

http://www.radioobradoiro.com/portada/ro/bng-ordes-sentara-negociar-unha-mocion-censura-dimiten-regos-marin-gonzalez/idEdicion-2016-08-03/idNoticia-1010831/

Publicado en Sen clasificar | Comentarios desactivados en Entrevista ao noso voceiro municipal, Pablo Vidal, en radio obradoiro.